Raposín é unha casa de pinturas especializada na comercialización de material para pintar todo tipo de soportes, desde vivendas ata maquinaria industrial. Desde Raposín querían que a súa imaxe corporativa transmitise unha sensacion de cercanía e vitalidade, a vez de manter presente a súa profesionalidade e bo facer.
Despois da boa acollida que tivo a primeira edición das Xornadas do Mar, a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo púxose en contacto comigo para realizar o cartel da seguinte edición. Pola súa intención de manterse no tempo, vin axeitado crear un logotipo que funcionase como elemento identificador e que perdurase no tempo. Para o cartel inspireime nas fotografías de José Suárez polo seu carácter dignificante e reivindicativo dos traballadores e das traballadoras do mar, tarefa ben semellante á que desenvolve a Asociación Veciñal nestas xornadas.
Ecokit é un proxecto que xorde a tavés de Merkamueble Vigo e que pretende focalizar as ventas no mueble kit, estimulando a nova tendencia de automontaxe. Unha liña máis económica, xuvenil e actual, cun aire fresco e renovador. (Este proxecto non chegou a desenvolverse)
A festa da noite de San Xoán do Casco Vello de Vigo é unha das máis populares da contorna Viguesa. Dende a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo puxéronse en contacto comigo para a elaboración do material gráfico da festa. Acordamos realizar un cartel e un díptico informativo para lembrar o día e o lugar do evento, ademais dun boletín de rifas para sortear o mesmo día da festa e axudar ó autofinanciamento da mesma.
Cume é un proxecto hosteleiro que nace nunha vella aldea das montañas do Courel, rehabilitada para ofrecer as súas instalacións tanto para o descanso como para o traballo, aproveitando un entorno espectacular no que realizar desde meetings, talleres ou conferencias ata periodos de descanso vacacional.
Desde a empresa Congalsa recibo encargos de deseños para cartelería, stands ou fotomontaxes para presentacións de novos productos para as súas distintas marcas.
Cartel promocional das aulas da escola de música e danza Seis Por Oito no que se indica a oferta para o curso 2017-2018.
Smart Confort foi unha tenda situada na Gran Vía de Vigo dedicada á venda de sofás. Ó longo da súa andaina e partindo do logotipo, desenvolvín a imaxe de marca; cartelería de tenda, etiquetaxe, folletos, anuncios, web, etc.
Seis meses máis tarde do nacemento de Mandarina Home contratáronme para levar o departamento de imaxe. Desde alí encargeime de xerar toda a súa imaxe gráfica; papelería, etiquetaxe, cartelería, imaxe de campañas, publicidade, folletos, deseño de espazos en tenda, xestión de redes e web.
Na miña estancia en Merkamueble desenvolvín traballos de deseño de etiquetas e artefinalismo especialmente na adaptación das imaxes de campaña a diversos formatos; ademais, contaron comigo para o deseño da ambientación de diversos espazos na tenda.
Podes porte en contacto comigo enviándome un correo a cibran.glez@gmail.com ou cubrindo o seguinte formulario.